Ir ao contido da páxina
Sombriza
filmes

Elo

  • 2017
  • 30 min

Eslabón. Un filme ‘in media res’. Só existe o medio. Non hai principio nin final. Non hai conxuntos baldeiros. O espazo, ese ou outro, volverase a encher de vida.

Ficha artística

Producido, filmado e montado por
Álvaro Gago

Elenco

José Gago Rodríguez

Francisca Iglesias Bouzón

Manola Iglesias Bouzón

Ficha técnica

Produción
Sombriza
País
España
Idioma da versión orixinal
Galego
Formato de rodaxe
Canon 5D, 25fps, 16/9, Cot
Localización
Vilanova de Arousa

Declaracións do director

Foise miña nai. Deixou un oco e non tiña imaxes para enchelo. Non podía volver a pasar o mesmo. Collín unha cámara e un micrófono, e fun pasar uns días á casa do meu avó, á procura da memoria, da identidade e da compaixón. Alí estivemos, compartindo, no medio, enebrados. Os elos non teñen vida por si sós, e coma na montaxe dun filme, a maneira en que deixas unha escena e entras noutra, é de vital importancia.