A ollada de Xan Curricán guíanos polas rúas da Vilanova de Arousa, unha vila chea de grandes cadros e interminables epifanías.
- Escrito e dirixido por
- Álvaro Gago
- Producido por
- Álvaro Gago
- Director de fotografía
- Rafael Medina Adalfio
- Montaxe
- Álvaro Gago
- Música
- Nico Casal
- Distribución
- Marvin&Wayne
Ficha artística
Elenco
Iago Ferreiro: Curricán
Celso Bugallo: Grandfather
Javier Fernández: Brother
- Produción
- Sombriza
- País
- España
- Idioma da versión orixinal
- Galego
- Subtítulos
- Inglés, Español
- Formato de rodaxe
- 16mm
- Formato de son
- Dolby 5.1
- Localización
- Vilanova de Arousa
Ficha técnica
Declaracións do director
“Non sabemos onde nos levará a vida, pero si sabemos de onde procedemos, quen son os nosos e cal é a terra que nos deu a orixe. E si temos isto claro, levamos xa moito andado”. Un ollar ao pasado, unha reflexión sobre a memoria co único obxectivo de recuperala e traela ao epicentro do interese persoal e global. Así nace Curricán, como consecuencia dunha das moitas conversas de sobremesa cos meus, na miña casa. Normalmente as historias que un pode contar están aí, á vista, preto de nós. Son historias que posiblemente teremos escoitado centos de veces e que, de súpeto, se volven extraordinarias.