Sábado. Cae a noite. O balón móvese rápido dun lado a outro. Os corpos buscan introducirse nos ocos que deixa a defensa. Lucía, vinte cinco anos, sae de adestrar a balonmán e vai buscar o seu irmán baixo as luces dunha cidade que cre coñecer.
- Escrito e dirixido por
- Álvaro Gago
- Producido por
- Mireia Graell, Álvaro Gago
- Directora de fotografía
- Lucía C. Pan
- Directora de arte
- Alba Aguiar
- Montaxe
- Ricardo Saraiva
- Son
- Xavi Souto
- Música
- Xavier Bértolo
- Distribución
- Marvin&Wayne
Ficha artística
Elenco
Cris Iglesias: Lucía
Javier Valcarce: Rapaz 1
Fran Pérez: Rapaz 2
Diego Abad: Rapaz 3
Ruth Boente: Amiga
Martín Duplá: Hermano
- Produción
- Sombriza & Ringo Media
- País
- España
- Idioma da versión orixinal
- Galego, Español
- Subtítulos
- Inglés, Español
- Formato de rodaxe
- Alexa mini 1.78:1
- Formato de son
- Dolby 5.1
- Localización
- Vigo
Ficha técnica
Declaracións do director
Atopei a forza para erguer este proxecto no tema elixido. Queimábame dentro, cheo de urxencia e rabia. Doíame o estómago, aínda doe. E vomitei. So entón apareceu a razón e decateime de que '16 de decembro' non só me brindaba a oportunidade de participar activamente na defensa das miñas conviccións, senón que tamén me concedía o espazo para explorar diversas vías de investigación ligadas ao fílmico e ao humano abertas en anteriores proxectos. ‘16 de decembro’ permitiume continuar indagando nas dificultades dos individuos para relacionarse cos espazos, na eficacia da suxestión no canto da exposición, na idea de que a verdadeira narrativa está nos rostros e corpos dos personaxes, ou na dobre relación identificación-distancia, observar e estar ao mesmo tempo.